tag:blogger.com,1999:blog-52347798773802062102024-03-14T02:05:41.928+02:00Escritorio GalegoFrieirahttp://www.blogger.com/profile/08625312453989259743noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-5234779877380206210.post-35688475872961341462009-03-24T20:42:00.010+02:002009-03-25T10:54:36.896+02:00No centro dun mundo propio
Ti cando escribes onde e como te sentes? <o:p></o:p>

Creo que me sinto nun centro do mundo, pero é un mundo propio, personalísimo no sentido de que sei que só me interesa a min, polo que aparecen, do mundo ó meu redor, personaxes, historias, palabras que eu creo fermosas e que creo que debo meter nalgures onde a xente as vexa; ó mesmo tempo, esas ventás que teño diante, á aldea dO Vinte en Oza dos Ríos -que case nunca son tan luminosas como cando fixen a foto -aliméntanme a sensación de afastamento. E, por cuestión de actitude, costume ou rutina, invento sempre en soidade. Corrixir ou reler podo facelo con ruídos, pero as arroutadas iniciais, ou seminais podería dicir, prefiro teclealas só, sempre só.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Como é lugar onde escribes? <o:p></o:p>

Vexo un anaquiño de mar da Ría de Ares, vexo as casas dOVinte e a miña horta; escribo nunha galería desordenada e chea de libros e fetiches e xoguetes propios e alleos que en tempos foi terraza na que se criaban cans e aínda conserva a tendencia a ser o lugar máis frío e o máis caloroso da casa e, ademáis, é o lugar de xogos favorito dos meus fillos. E como ando no proceso de cambio de rapaz urbanita a señor do rural, a foto é trampona: se de vez de tirar para a dereita para sacar na foto a máquina de escribir coa que comecei neste vicio hai xa case trinta anos, tirase para a esquerda, veriamos ó lonxe Ferrol e, polas noitas, as luces da miña cidade, Coruña. E se queredes detalles, por aí pode verse un naris de pallaso, un estoxo dun premio Max que me regalou Belén Quintáns, a muller de Vidal Bolaño, un vaso con cervexa, un chisqueiro que por sorte uso pouco, unha cunca que fai de lapiceiro na que hai debuxado un elefante vencido por unha formiga, moitos porcos que os amigos me foron regalando, unha máscara de coiro enriba dunha lúa fluorescente, unha postal con gaiteiros vestidos de gaiteiros descritos como “tipos regionales”, un insecticida que me defende da miña fobia ós bechos voadores menores que un pardal, a foto dun actor vestido de submarinista na porta dun teatro londiniense, a medalla de prata do Dépor por ser socio dende hai vintemoitos anos enriba dese antigo monitor, unha vella e gastada Moleskine, a letra a medio facer dunha canción disparatada, dicionarios de idiomas diversos a carón do ordenador, libros que, por casualidade, son de teatro os máis deles, papeis con tres historias distintas a medio facer, un router que falla moito, un hórreo que teño que poñerme a restaurar, uns cascos cos que ás veces tento aillarme do balbordo da familia, unha foto dos fillos e dos pais e outra pequeniña da miña Luna, un sol de todoacen que me acompaña dende un moi mal momento que pasei hai once anos e pico, os putos teléfonos, algúns billetes e moedas traídos das poucas viaxes ó estranxeiro que fixen na vida...<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

En que condicións escribes? (horario, música..)<o:p></o:p>

A todas horas e case sempre con ganas de silencio, que vén sendo un imposible se lembras a resposta anterior e o asunto fillos. Se poño música é para non escoitar á familia. Pero esta pregunta cólleme en mal momento para responde con xeito porque aínda non recuperei o ritmo previo á paternidade aínda que ando niso. Case sempre tento facelo de mañá, aproveitando que este curso os pequenos empezaron na escola, e séntome a traballar nada máis espertar, ás veces mesmo antes do café e de vestir ós fillos, supoño que tirando do fío perdido dos soños que non lembro. Pola tarde tamén traballo despois da sesta e ata a hora da cea. E cando ando apurado, nin as noites perdoo, pero prefiro as mañás, creo que dende sempre.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Onde e como atopas o celme da historia? Tes o remate dende o comezo? <o:p></o:p>

Non teño remate nin cando remato, ou de ter , teño máis dun, o cal é un perigoso hábito que supoño que herdei do mestre Bolaño. Outro hábito herdado do que tento fuxir é o de matar personaxes para rematar. Supoño que é un rasgo sespiriano. E o celme da historia case sempre o atopo despois de moito traballo de documentación e busca sobre un tema, unha anécdota ou un personaxe concreto. Se o celme tomámolo pola acepción de cousa gorentosa, case sempre atopo o celme no feito de escribir pero, especialmente, nas primeiras impresións, nas primeiras notas desordeadas, nese primeiro traballo de busca de rasgos para unha historia. Aí si me sinto un pequeno deus, un creador. Logo, cando o material está aí, son máis un traballador, escribir é máis un oficio que outra cousa e case sempre pode máis a presión de encaixar as pezas e cementar os baches entre elas que o pracer de crear.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Planificas o traballo ou déixaste levar?<o:p></o:p>

Planifico, pero como os plans case nunca saen, teño que deixarme levar. Iso si, cando creo que teño a historia aí, no disco duro e na cabeza, enteira pero desordeada, póñome a traballar case sempre sobre un plan. Pero se son sincero e tento facer un estudo estatístico de todo o que levo escrito, antes dese traballo final de cadrar as pezas do crebacabezas que de súpeto se me aparecen un día no coco como válidas para o crebacabezas despois de darlle voltas e voltas a miles de datos, tería que dicir que non hai regra fixa: tantas veces escribín con plan previo como me deixei levar.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Corrixes a medida que escribes ou o deixas ao final? <o:p></o:p>

Corrixo a medida que escribo, pero tendo a facelo máis cando vexo o final cerca, cando teño clara esa imaxe do crebacabezas completo. As miñas correccións, case sempre, consisten en cortar, penso que coincido con Cortázar no aprecio por borrar no traballo da escrita, e iso faise con mellor resultado cando o volume de información anda cerca do que pode considerarse definitivo.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Dás o texto a alguén para lelo? Cando? <o:p></o:p>

Hai tempo tiña pánico a facelo. Agora levo uns anos en que son un desvergoñado e deixo ler incluso as primeiras ideas, as primeiras escenas, os primeiros esbozos, as notas sobre personaxes... Sobre todo, ou dende hai máis tempo, deixo ler os escritos á miña muller, a Carlos Losada e a Suso Pensado, con mellor resultado que con ningún outro lector porque son xente á que coñezo e me coñecen dende hai máis anos; pero hai máis lectores dos meus proxectos, e no mundo dos blós atopei moitos críticos interesantes: o señor da Borralleira, Arume dos Piñeiros, Ana Bande, Berta Dávila, o Porteiro dos Escravos, o Calveirotas das Alfaias... Creo que as opinións deses amigos cercanos, da xente querida e con interese pola literatura coma min sempre son útiles. Aínda que confeso que só sigo consellos alleos en caso de acerto pleno ou de que toquen as miñas dúbidas. Hai cousas no que escribo que son inamovibles, pero nos terreos pantanosos da miña propia escrita, neses párrafos, palabras ou rasgos que me fan dubidar, o consello alleo éme sempre moi útil.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Soñas coa historias que estás a escribir? Levala na cabeza o resto da xornada cando fas outras cousas? <o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

Nunca lembro o que soño, ou case nunca, así é que non sei. Pero creo que por iso escribo, para soñar, ou ás veces para pesadelear, sería mellor dicir. Ou para tirar do fío dos soños. E si, teño temporadas “críticas” nas que ando seguido coa historia na cabeza, agora estou nunha desas, e tomando notas seguido, e falando pouco, e feito un moucho fechado no niño, supoño que convertido nun ser insoportable, pero tanto me ten. Para min eses momentos de creación, cando unha historia me secuestra, son do mellor que levo vivido e non creo que nunca vaia deixar o vicio. Os que me coñecen xa o saben e aprenden a ignorarme con humor ou amor. Supoño que hai quen me ve como un gólem, ou un títere da literatura, quen me ve como un neno obsesionado co que lle vai pedir ós Reis Magos e quen me ve como un gilipollas sen remedio. E seguro que todos teñen razón.

Rubén Ruibal

<o:p></o:p>
Frieirahttp://www.blogger.com/profile/08625312453989259743noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-5234779877380206210.post-84347693972721275262009-02-11T00:35:00.000+02:002009-02-11T11:36:37.972+02:00Peneirándome

Cando escribo son egua encabuxada,<o:p></o:p>

vagabunda, ermitana e andoriña bulideira,<o:p></o:p>

veludo esfarrapado e po sen varrer,<o:p></o:p>

onda furiosa de mar embravecido,<o:p></o:p>

deusa dun territorio inexplorado, só meu.<o:p></o:p>

Cando escribo, reinvento o mundo ao meu antollo,<o:p></o:p>

porque quero, porque podo,<o:p></o:p>

e porque son poderosa no meu curruncho imaxinario,<o:p></o:p>

e case sempre choro un chisco, mentres río<o:p></o:p>

nese río a cachón que é a palabra posta ao tendal.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>

<o:p></o:p>Cando escribo, os meus ollos enchoupados de risa,<o:p></o:p>

alimentan con migallas de pan sen codia,<o:p></o:p>

desexos, angustias, cinsas doutras vidas,<o:p></o:p>

refugallos, nostalxias, quimeras,<o:p></o:p>

miserias que outros sacian cun grolo de auga fresca.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>

<o:p></o:p>Podería ser canción, mais fáltame a música.<o:p></o:p>

Podería ser navío, mais fáltame o compás.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>

<o:p></o:p>Quedo coas palabras secas, muxicas no aire, <o:p></o:p>

son bolboreta fráxil, fráxil, fráxil,<o:p></o:p>

fáltanme aloumiños, bicos, arrolos, <o:p></o:p>

e mastigo versos para mitigar a fame.<o:p></o:p>

<o:p></o:p>

O meu espazo creativo é un tren en movemento, <o:p></o:p>

un espazo de silencios e sombras coa roupa ao tendal.<o:p></o:p>

O silencio é un espazo en si mesmo, evocador de imaxes multiformes,<o:p></o:p>

fantasías alegóricas ou realidades ambiguas.<o:p></o:p>

Nese espazo de luces e tebras, a muller inquieta que arde en min,<o:p></o:p>

remexe, mestura, amasa e transmuta a materia imaxinaria<o:p></o:p>

en materia sensible, coa ilusión de sementar soños no papel.<o:p></o:p>

O meu espazo creativo é un leito de silencios bulideiros<o:p></o:p>

que basculan no tempo, na busca de aventuras emocionais, <o:p></o:p>

de sensacións evocadoras, de recendos, de cores…, atopando ás veces<o:p></o:p>

un camiño poboado de lúas, que orientan os meus pasos de moinante,<o:p></o:p>

e outras, pedras que impiden o meu avance nun mundo hostil poboado de ruídos.<o:p></o:p>

O meu espazo creativo é unha gabeta onde transformo soños en poemas,<o:p></o:p>

nostalxias en novelas, ideas en artigos, desexos en soliloquios<o:p></o:p>

que declaman piratas tolos, na procura de tesouros <o:p></o:p>

agachados nun mar de letras irreverentes.<o:p></o:p>
<o:p>
</o:p>O meu espazo creativo é unha illa deshabitada, unha áncora afundida<o:p></o:p>
nun océano sen fin, un bico saíndo da miña xanela cara á túa,<o:p></o:p>

acubillado nun berce de palabras que debuxan reviravoltas no aire,<o:p></o:p>

reflectíndose nos teus ollos, espíndome cando me les.<o:p></o:p>

Se o meu espazo non fose silencio, senón melodía, sería quen de falarche<o:p></o:p>

dos non-espazos que me deron azos para escribir,<o:p></o:p>

amosaríache o estoxo onde agocho os segredos que me perturban,<o:p></o:p>

mais neste páramo de soidade só estamos ti mais eu,<o:p></o:p>

gorecidos nun leito de margaridas, nese non-espazo de sombras<o:p></o:p>

que proxecta a nosa roupa ao tendal.<o:p></o:p>

Escribo para vivir as vidas doutros, condicionada pola miña ollada<o:p></o:p>

de formiga traballadora e honesta.<o:p></o:p>

Non hai horas, nin ruídos, só silencio, soidade e desesperanza.<o:p></o:p>

O celme das miñas historias, nace, medra, nútrese e morre no real.<o:p></o:p>

Pouco camiño queda para a fantasía, aínda que son soñadora <o:p></o:p>

de ollos aleutos ao que acontece, ao que esmorece.<o:p></o:p>

Nada remata en min, nin as miñas historias.<o:p></o:p>

Todo comeza comigo, ata o final do camiño, que nunca remata, <o:p></o:p>

que nunca está en min, senón en ti que me les,<o:p></o:p>

que me esgotas, que me espremes como zume de laranxa.<o:p></o:p>

Ao garete deixo que me leven as ondas dese mar que iluminan peixes fosforescentes.<o:p></o:p>

Candeas sen destino, luces acesas, camiños sen pasos nin pegadas.<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

E mentres escribo, navego enriba da mesma onda, construíndo unha onda nova, <o:p></o:p>

que conserva a esencia da primeira, mais xa é outra, máis elaborada na súa forma,<o:p></o:p>

no seu recendo, e lévame á fin do mundo, á fin da páxina, á fin de min, contigo.<o:p></o:p>

Celosa gardo a miña obra nunha saqueta vella.<o:p></o:p>

Non comparto dúbidas, sobresaltos, medos.<o:p></o:p>

Tírome ao baleiro sen paracaídas. Que ninguén diga que son covarde.<o:p></o:p>

Non sei nadar e non levo salvavidas.<o:p></o:p>

Quizais me salves ti, coa túa ollada crítica.<o:p></o:p>

No meu estado natural de perenne soñadora, soño historias, durmo historias, <o:p></o:p>

mastigo historias, peneiro historias, gozo e sufro historias,<o:p></o:p>

e moitas veces fago o amor coas historias que medran no meu maxín,<o:p></o:p>

sobre todo cando ninguén peta na miña porta<o:p></o:p>

e as sabas dos libros que imaxino recenden a humidade e a friaxe.
<o:p></o:p><o:p></o:p>

An Alfaya

Frieirahttp://www.blogger.com/profile/08625312453989259743noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-5234779877380206210.post-19272201410957288812009-01-13T18:31:00.009+02:002009-01-15T12:59:07.540+02:00Man lenta

Nese escritorio de aí, a carón da súa guitarra e do seu ampli, é onde Xesús Fraga cociña a man lenta as súas novelas. Velaquí as súas respostas ao meu cuestionario.

Ti cando escribes onde e como te sentes? <o:p></o:p>

Resúltame difícil percibir unha sensación abstracta, como concretar unha suposta ubicación de creador con respecto ao que se escribe. Si son quen de sentir desacougo, mesmo nerviosismo, como se operasen en min dúas forzas contraditorias: unha que me impulsa a rematar o antes posible e outra que trata de frearme para explorar cada posibilidade que se abre cada vez que comezo unha frase. Esa tensión resulta moi fatigosa.

<o:p></o:p>Como é o lugar onde escribes? (pregaría foto) <o:p></o:p>

Unha mesa, negra, con ordenador, impresora e dicionarios. Unha cadeira tamén negra, sen brazos. Fronte unha xanela sempre con cortinas. <o:p></o:p>

En que condicións escribes? (horario, música..)<o:p></o:p>

Nunca puiden fixar unha rutina horaria para escribir. Antes escribía en períodos vacacionais: quince días ou tres semanas de oito ou nove horas de escrita continua. Agora a irregularidade reina. A única música coa que podería escribir é a que me permite esquecela, polo que mellor tela apagada.<o:p></o:p>

Onde e como atopas o celme da historia? Tes o remate dende o comezo? <o:p></o:p>

As historias adoitaban ter dúas vías de inicio: ou arrancaba dun flash e a partir de aí desenvolvíase a impulsos, ou nacía dunha vontade decidida de narrar un feito, un ambiente, unha época. Os relatos de Tute para catro son exemplos do primeiro, os de A-Z do segundo. En ambos os dous casos, primeiro medraron no maxín durante bastante tempo antes de pensar en trasladalas ao papel. Nestes estadios, o remate, máis ca unha certeza, era unha intuición que buscaba a súa confirmación ou derogación durante a escrita.<o:p></o:p>

Planificas o traballo ou déixaste levar?<o:p></o:p>

Un método que me deu resultado foi relatar a historia como un conto, nun folio ou dous. Logo esta narración primixenia artelleina sobre unidades máis cativas, como capítulos, que actuaron a xeito de mapa: a escrita consistía en ir desenvolvéndoas polo miúdo, dentro dunha estrutura maior. Algo semellante a erguer os andares dun edificio e logo ir ocupándose de cada cuarto un a un. Con todo, hai desviacións e mesmo sorpresas. Un exemplo é o relato a Orquestra Montecarlo, cuxa derradeira frase, que dá un xiro total á narración, foi unha incorporación imprevista e o primeiro sorprendido fun eu.<o:p></o:p>

Corrixes a medida que escribes ou o deixas ao final? <o:p></o:p>

A idea é deixar o texto a medida que se vai escribindo o máis próximo posible á versión final, o que non exclúe varias revisións posteriores.<o:p></o:p>

Dás o texto a alguén para lelo? Cando? <o:p></o:p>

Resulta de utilidade contar con outra opinión aproximadamente cando se leva un tercio escrito, así como unha vez rematada a primeira versión. O mellor é máis de unha opinión pero sen superar tres.<o:p></o:p>

Soñas coas historias que estás a escribir? Levala na cabeza o resto da xornada cando fas outras cousas? <o:p></o:p>

Durante ese proceso de escrita no maxín ao que aludín antes, a historia habita na cabeza, e vanse enfiando máis engadidos, mesmo algúns que afectan a treitos xa escritos. Soñar, nunca soñei directamente co que escribín, aínda que si tiven algúns soños tanxenciais, como soñar con Londres, por exemplo.<o:p></o:p>

Frieirahttp://www.blogger.com/profile/08625312453989259743noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-5234779877380206210.post-37641573870925948442008-12-17T11:15:00.015+02:002008-12-22T11:02:33.256+02:00A madalena de Prus

Algúns autores afirman que cando escriben séntense no centro mesmo do mundo, outros pola contra din atoparse nun lugar afastado e solitario.

Ti cando escribes onde e como te sintes?

A min non me acontecen cousas tan fascinantes, xa me gustaría. As esceas das miñas novelas aparécenseme coma no cinema, polo que, cando escribo, teño a sensación de estar nunha rodaxe sobre a que debo facer unha crónica.

<o:p></o:p>Como é lugar onde escribes?

Ata que naceu o meu segundo fillo tiña unha habitación de meu, con ordenador, biblioteca feita a medida e un sofá vermello pequecho e comodísimo para ler. Agora escribo nun curruncho da sala amoblado polos suecos. De todos os xeitos, é habitual que escriba na cociña, un lugar no que me afixen a traballar porque na casa materna éramos cinco fillos.

En que condicións escribes? (horario, música)

Érgome ás seis da mañá, tomo dous ou tres cafés naturais e me sento ata que se erguen os pícaros, a iso das 8.00 horas. O normal é que empece a escribir escoitando as noticias na Radio Galega e que logo siga con algunha escolma feita na internet, veño de descubrir a Antònia Font. Estou afeito a escribir no Inferno: adoito facelo no balbordo dunha redacción.

Onde e como atopas o celme da historias?<o:p style="font-weight: bold;"> </o:p>

O celme venme case que sempre dalgún soño. Adoito apuntar os meus soños (teño un blog específico seishoras.canalblog.com) e, coas imaxes que lembro, vou tirando do fío ata que sae a historia. Os soños non deixan de ser o anverso da realidade.

<o:p></o:p>Tes o remate da historia dende o comezo?

Teño, si. Hai que dedicarlle o mínimo tempo posible ao feito físico de escribir. Cando empezo unha novela é porque a teño definida escea a escea. Traballo con tratamentos, coma nos guións de cinema.

<o:p></o:p>Corrixes a medida que escribes ou o deixas ao final?

Fago borradores consecutivos. Escribo unha primeira versión duns corenta folios e logo vou traballando unha e outra volta por riba dela.

<o:p></o:p>Dás o texto a alguén para lelo? Cando?

Eu dou, e daría máis, pero teño máis novelas ca amigos. Sempre procuro que alguén lea as novelas a medio facer. Logo está unha opinión, que para min é determinante, que é a do meu editor.
<o:p></o:p>

<o:p></o:p>Soñas coa historias que estás a escribir? Levala na cabeza o resto da xornada cando fas outras cousas?

Eu soño con loiras platino e gángsters con traxe cruzado, que son os soños máis bonitos que pode ter un. Xa digo que procuro perder o menor tempo posible no feito físico de escribir, polo que adoito aproveitar a miña hora diaria de correr, andar e bici ou nadar para darlle voltas ás novelas e aos artigos.
Frieirahttp://www.blogger.com/profile/08625312453989259743noreply@blogger.com1